Accesibilidad

Noticias 

Campaña nos IES sobre o comercio xusto

Nova de Iván Olmos en La Región

13/10/2016 | Xinzo de Limia

A pasada semana, o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso comezou as súas campañas informativas e de sensibilización visitando os institutos da comarca da Limia.

Estiveron coa mocidade dos IES,  presentanto a primeira das campañas, consistente en explicar e animar aos rapaces a colaboraren Comercio Xusto.

Na oficina do Centro de Información Xuvenil da asociación, teñen instalada uha pequena tenda deste tipo de comercio para que toda a comunidade da Limia poida coñecer "esta otra forma de ayudar a los países empobrecidos o en vías de desarrollo". Trátase dun comercio no que se lles paga un prezo xusto aos produtores e que procura asegurar o respecto aos dereitos humanos e ao medio ambiente.

A asociación limiá contou para estas primeiras visitas coa colaboración dunha alumna en prácticas de Traballo Social da Universidade portuguesa Tras-os-Montes e Alto Douro. O Viso ten previsto continuar con estas campañas sensibilizando sobre outros temas de índole social no rural.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias