Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 05/10/2016 | 3

Moi ilusionadas as 18 persoas que participan no curso de axudante de cociña

05/10/2016 | Lodoselo

Comezou o 3 de outubro o curso de axudante de cociña; de 100 horas e outras 40 de prácticas en empresas coas que xa se formalizaron convenios de colaboración. Xa que un dos sectores económicos que demanda unha formación específica, na nosa comarca, é a hostelería, ofertamos este curso para dotar dunha formación específica no perfil de axudante de cociña co ánimo de facilitar a inserción laboral.

Este curso está subvencionado pola Consellería de Política Social a través da convocatoria destinada a entidades de iniciativa social para os anos 2016/17, para a promocion de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social. Actividade cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias