Accesibilidad

Noticias 

Programa Apego

Lingua galega, cultura, infancia. 

04/10/2016

Desde o CDR O VISO queremos compartir esta fermosa iniciativa en prol da cultura propia, a lingua, a infancia.
Trátase de Apego: un programa colectivo creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial. É un proxecto dos servizos de normalización lingüística de varios concellos galegos. Apego vai dirixido ás familias que vos estades a preparar para a chegada dun novo membro e tamén ás que tedes nenos e nenas ata 6 anos. Queren axudar á socialización en galego e propoñen o uso da lingua galega para crear vínculos coa familia, para asentar o arraigo a esta terra, porque a lingua que mamamos, na que aprendemos a falar, vai ser a base da identidade futura do voso fillo ou da vosa filla. A lingua de cada pobo é un tesouro irrepetible e tamén é a cerna que lle permite existir e descubrir o mundo.
O programa Apego ofrece diversas actividades culturais adicadas ás familias e potencia a creación de grupos de nais e pais que queiran compartir experiencias xuntos.
Ogallá os concellos da Comarca da Limia, onde a porcentaxe de galego falantes é tan alta, se sumen a esta iniciativa.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias