Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 04/10/2016 | cartel

O CDR nas Xornadas de Tempo Libre Argalleira

Na Facultade de Educación

04/10/2016 | Ourense

Convidados polo Grupo Informal Argalleira, un grupo de mozos/as estudantes e egresados/as do Campus de Ourense, participaremos nunhas xornadas de tempo libre, que se desenvolverán na Facultade de Ciencias da Educación, os vindeiros 6 e 7 de outubro.
Estas xornadas abordarán o ámbito do tempo libre dunha forma ampla e variada, dende diferentes enfoques e perspectivas pero sempre cunha mirada socioeducativa. Pretenden  facilitar un espazo de descubrimento, un trampolín cara o tempo libre para as persoas alleas a el ou para aquelas que están comezando. Así mesmo, búscase tamén que sexa un espazo de encontro entre profesionais e persoas interesadas no sector, onde poder reciclarse, intercambiar coñecementos, técnicas, ademais de reflexionar sobre a situación do sector, coñecer exemplos de boas prácticas, etc.  
O faladoiro Acción Solidaria e Tempo Libre busca facilitar un espazo onde as entidades participantes poidan explicar a súa labor no tempo libre e a importancia e implicación que ten o voluntariado no desenvolvemento das mesmas. 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias