Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 01/09/2016 | C Barbadás

Campamento de Barbadás

Para pechar a tempada do verán

01/09/2016 | Lodoselo

E co CAMPAMENTO DO CONCELLO DE BARBADÁS rematamos o mes de agosto e con el, as actividades do verán no pobo escola.  Estes cinco días déronnos para facer moitas cousas: Fixemos obradoiros de papel reciclado, fósiles, tapices, fiado e tinguido de lá, reciclaxe … Non podían faltar os xogos de auga nestes días tan calurosos, divertímonos cos xogos populares e tradicionais, fixemos xogos de orientación na natureza e gozamos dun estupendo día na piscina, non sen antes coñecer Sarreaus e ás persoas que habitan nel.


Tamén aporveitamos para falar coa xente  da vivenda comunitaria, o José ensinounos un niño feito nunha corda que fixeron as andoriñas no seu alpendre, a Palmira contounos un conto algo pícaro, na casa do Inocencio escoitamos a historia da vida de cando el era pequeno, démoslle o biberón ós añiños pequenos, acomodamos ós animais a diario, collemos os tomates e calabaciñas na horta… entre outras moitas vivencias.

Un grupo estupendo para finalizar a época estival. Moitísimas grazas a tod@s.

Agardamos a visita dos próximos grupos con moito entusiasmo e recordamos que no outono e no inverno tamén se pode participar. 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias