Accesibilidad

Noticias 

Saímos en la Región: no quince de agosto

Maiores e nenos conviven por un rural sostible en Lodoselo

15/08/2016

Neste día 15 de agosto, no día de Santa María de Lodoselo, La Región publica un par de novas sobre o CDR O Viso. Hai bastantes imprecisións: Cristalina é de Vilar de Santos (non Vilasantos); Coceder conformámolo 22 Centros de Desenvolvemento Rural (non 90 asociacións); o tanatorio xa se estreou (entre o día que viñeron facer a reportaxe e o día que a publicaron); os Concellos onde se leva o xantar: falta Baltar e Cualedro e non imos a Calvos; Fala de Antonio e é o Pepe de Piñeira; Preescolar na Casa aquel programa que matou ou pechou (non lanzou) a Xunta coa axuda dos que estabamos dentro porque quen o lanzou foi D. Antonio Gandoy... E temos máis que un burro de catro patas!!! Con todo moitas grazas por facernos visibles neste periódico. 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias