Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 04/08/2016 | 1

Novas do programa de atención urxente a persoas en situación de risco ou exclusión social

04/08/2016 | A Limia

Dende a Área social do C.D.R. “O Viso” contribuímos un mes máis á satisfacción das necesidades básicas de máis de 50 persoas ás que se entregou un reparto de produtos básicos de alimentación, hixiene e/ou outros produtos de primeiran ecesidade o xoves 28 de xullo.

Desta volta entre todos os axentes sociais comarcais que intervimos para a inserción sociolaboral de persoas en risco derivamos a Cáritas ás persoas ás que axudamos a través de programas de emerxencia, debido ao inicio do Curso básico de agricultura que todos os anos desenvolven nas instalacións do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia dende xullo ata novembro, no cal están a participar 14 persoas.

No que ao Programa de Atención Urxente que, dende o C.D.R. O Viso desenvolvemos, tratamos de xerar unha intervención inclusiva incorporando a participación de persoas usuarias como colaboradoras na organización dos repartos, una maneira activa de se integraren participando en accións que dean resposta ás súas necesidades compartidas.

Xa no segundo semestre do ano e tralo verán, agardamos pola previsible concesión dos cursos de “Axudante de cociña para restaurante e comedores colectivos”,  “Conservación e acondicionamento do medio natural”, e “Alfabetización en español básico para a vida diaria”, que solicitamos á Dirección Xeral de Familia e Inclusión da Consellería de Política Social a través dunha das súas liñas de actuación da Orde do 26 de abril de 2016 pola que se establecen as bases que rexen a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para 2016-2017 (e que contan coa cofinanciación do Fondo Social Europeo e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional).
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias