Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 24/06/2016 | 1

Celebramos o encontro de educación infantil familiar na Limia

Coa participación de máis dun centenar de persoas

24/06/2016 | Lodoselo

Tal e como estaba programado o xoves 23 de xuño o CDR O Viso celebrou en Lodoselo o Encontro de Educación Infantil familiar na Limia. Participaron máis de 100 persoas: nenas, nenos, irmás, pais, nais, avoas... que desde novembro de 2015 participan neste programa dirixido ás familias limiás.
Comezamos cunha roda grande cantando e dando a benvida a todas as familias que viñeron de tódolos concellos da comarca, e logo por grupos fixemos pan no forno comunitario, xogamos ca auga, pintamos murais, visitamos ós animais, demos de comer ás ovellas, paseamos no carro con "Fariñeiro", plantamos carballos e escoitamos o conto do carballo con botas, participamos nunha xincana que preparou a Asociación Deportiva "Limiactiva"... e xa moi cansos, fixemos unha merenda na que non faltaron cantigas populares, bailes e moitas apertas e bicos..
Para levar a cabo o encontro colaboraron 20 persoas entre educadores/as e voluntarios que quixeron axudar. Moitas grazas!!! Aínda que as visitas ás familias continúan durante estes meses de verán, as xuntanzas das familias empezarán a primeiros de setembro cun novo curso e desde o CDR O Viso tentaremos ampliar o número de grupos para garantir que todas as nenas e nenos da Limia coas súas familias poidan participar nun servizo educativo, compartindo un espazo, mellorando a crianza e a educación das súas fillas e fillos.
E agora aquí tedes un enlace a unha montaxe coas fotos que se fixeron e que algunhas familias nos achegastes. Moitas grazas e bo verán!!!  http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d51617440k1286863o2l1/encontro-eif-2016

Arquivada en:
Infórmate > Noticias