Infórmate > Noticias 

Noticias 

Importante aportación solidaria na gala de Fusión Fitness
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

13/06/2016 | Xinzo de Limia

Uns 1.000 kg en produtos alimenticios e de hixiene

1 de 14

Desde el CDR "O Viso" queremos agradecer que FUSIÓN FITNESS, S.L. contase con nós un ano máis para a recollida de alimentación e produtos básicos de hixiene, que contribuirán a desenvolver o Programa de Atención Urxente a persoas en risco ou exclusión social (subvencionado dende o Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, a cargo das convocatorias do IRPF), mediante o cal desenvolvemos unha acción profesional que pretende mellorar a calidade de vida das persoas e, non só ser mero asistencialismo, senón que se informa de dereitos e deberes sociais, se ofrece a participación voluntaria como moeda de troco pola percepción de alimentación, se ofrece apoio para a busca de emprego, etc. a toda aquela persoa independentemente da súa orixe, etnia, procedencia, sexo, condición, etc.

Agradecer, por suposto, ás persoas voluntarias que solidariamente apoian estas iniciativas, e a todo o público asistente que coas súas aportacións contribuíron a recadar aproximadamente 1.000 Kg de alimentación e produtos de hixiene básicos, unha furgoneta chea, coa que volvemos encher os almacéns do Centro de Inclusión de Lodoselo para axudar a moitas persoas da nosa comarca.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias
Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info