Infórmate > Noticias 

Noticias 

Obradoiro BAEG-4 (Busca Activa de Emprego Grupal – 4º encontro)
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

11/05/2016

Alfabetización dixital para a BAE

1 de 6

Este mes de maio formamos en novas tecnoloxías para a busca activa de emprego. Conscientes de que había persoas que xa coñecían a busca de emprego e outras eran principiantes co ordenador, tratamos de adaptar o ritmo de ensino-aprendizaxe o mellor que puidemos ás necesidades individuais de cada participante, se ben é certo que en dúas mañás non é doado asentar tanta información.

O martes 3 de maio comezamos pola utilización do correo electrónico, a alta nunha empresa de traballo temporal, a creación dun perfil profesional nunha rede social. Xa no mércores, formouse en como consultar boletíns de ofertas de emprego, como buscar ofertas de emprego públicas (por exemplo consultando o BOP de Ourense), publicar autoanuncios profesionais, a creación dun perfil en infojobs, actualización da rede de contactos dixitais, etc.

Tratamos de que a actividade non sexa algo puntual, senón espertar o seu coñecemento e manexo do ordenador e da Internet para mellorar a súa maneira de buscar emprego e como recurso formativo. Isto danos pé a corresponsabilizalos de que existen novos camiños que teñen importancia para buscar emprego, e afastarse da pasividade de estaren anotados na Oficina do Servizo Público de Emprego, ou agardar a que os contraten sen ter un plan específico de busca.

No mes de xuño, martes 7 e mércores 8 de xuño, reeditaremos a experiencia de emprendemento no eido rural que iniciamos antano.

Dende o C.D.R. “O Viso” continuamos a desenvolver o “RE-INVÉNTATE” ou Animación Sociolaboral en Grupo, unha das liñas de abordaxe do programa Ruralempréga-T, programa subvencionado dende o Servizo de Inclusión e Acción Social da Dirección Xeral de Familia e Inclusión da Xunta de Galicia a través da recén publicada orde plurianual 2016-2017 a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades de inclusión social –cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo-.
 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info