Infórmate > Noticias 

Noticias 

Reparto mensual, mes de abril
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

01/05/2016 | A Limia

Programa de atención urxente a persoas en situación de risco ou exclusión social

1 de 7

Este mes organizamos o 27 e repartimos o xoves 28 de abril no local 7 da Praza de Abastos que nos cede o Concello de Xinzo de Limia para os repartos.

Repartíronse produtos básicos de alimentación, hixiene e bombonas de gas a 24 unidades familiares, un total de 90 persoas que se beneficiaron dalgún ou varios dos produtos que se entregan. Boa parte das persoas retiran o seu lote na Praza de Abastos de Xinzo, aqueloutras que viven preto ou están dispostas a achegarse a Lodoselo, entregámosllo no Centro de Inclusión.

Contamos coa colaboración que nos doa o Banco de Alimentos de Ourense, os produtos que almacenamos no Centro de Inclusión de Lodoselo (cuxa recadación provén de distintas campañas benéficas, de institucións, empresas, particulares…), e complementámolos mercando aqueles outros dos que carecíamos para desenvolver un reparto digno.

Participaron unha vez máis persoas voluntarias para a organización e desenvolvemento do reparto, contribuíndo así a que se sintan importantes nunha causa solidaria como son as necesidades básicas de moitas persoas que precisan desta axuda.

“Non só hai desigualdade na distribución da riqueza, senón na satisfacción das necesidades básicas” (Saramago).
 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info