Infórmate > Noticias 

Noticias 

Recibir a cambio de dar dignifica ás persoas
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

13/04/2016 | A Limia

Programa de atención urxente a persoas en situación de risco ou exclusión social – IRPF 2015

1 de 5

O reparto mensual de produtos de alimentación, hixiene e / outros produtos de primeira necesidade do mes de marzo tivo lugar o xoves 31.

O mes pasado repartiuse alimentación da primeira fase do Plan de axuda ás persoas máis necesitadas da Unión Europea (FEGA) a través do Concello de Xinzo de Limia e da Parroquia Santa Mariña. Desde o C.D.R. O Viso, como organización non gubernamental que somos, complementamos o labor desenvolvido dende estas dúas entidades, polo que este mes apoiamos sobre todo con bombonas de gas e produtos variados de hixiene, aínda que tamén alimentación para aquelas familias que non recibiron a alimentación da UE.

En total beneficiáronse un total de 87 persoas. Acorde á nosa misión, tentamos ofrecer un acompañamento integral pedindo algo a cambio da percepción dos servizos do noso programa de atención urxente, debido a que “dar a cambio de recibir dignifica ás persoas”. Así pois e, ademais de axudar nas necesidades básicas, tamén lles propoñemos a súa participación nos obradoiros mensuais de busca activa de emprego, nas xuntanzas do Programa de Educación Infantil Familiar da Limia que se celebran quincenalmente en diferentes lugares da comarca, participación voluntaria nalgún dos programas que desenvolvemos, etc.

Continuamos a contar coa financiación proveniente do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, a cargo da convocatoria do IRPF 2015 e da Dirección Xeral de Familia e Inclusión Social da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Aproveitamos para divulgar a Campaña ¡Sí te Renta! animándovos a marcar a X Solidaria na vosa declaración, debido a que seleccionando a casiña “Actividades de Interese Social” estaredes axudando a máis de 6 millóns de persoas que o precisan.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info