Infórmate > Noticias 

Noticias 

Krisztina rematou o seu SVE no CDR
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

04/04/2016

Estivo 9 meses con nós

1 de 4

O pasado mes de marzo, marchou para o seu país, MAGYARORSZÁG (HUNGRÍA) a ÁSZÁR, a nosa Krisztina. Ela chegou aquí no mes de xuño de 2015 a través do Servizio de Voluntariado Europeo.

O SVE é unha experiencia de aprendizaxe no ámbito da educación non formal, na que as personas xóvenes voluntarias melloran ou adquiren competencias para o seu desenrolo persoal, educativo e profesional, así como para a súa integración social.

Os voluntarios/as desenvolven a actividade de voluntariado nun país distinto do seu país de residencia. Esta actividade, non remunerada e sen ánimo de lucro, realízase a tempo completo durante un periodo determinado en beneficio da comunidade.

Krisztina colaborou nos distintos programas que desenvolve o CDR, especialmente no comedor, no centro de inclusión, no programa de atención urxente a persoas necesitadas, nas campañas do Centro de Información Xuvenil da Limia (sobre todo nos IES Lagoa de Antela e Cidade de Anrioquía), no pobo escola... como pode verse nas fotografías que ó longo deste tempo temos na web. Aquí aparece co seu característico sorriso, sempre tan disposta, tenra e cariñosa coa nosa xente... Moitas grazas, Krisztina.   

 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias
Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info