Accesibilidad

Noticias 

© Ecos do Sur | 02/04/2016 |

Xornada na Fundación Barrié en Vigo

Aprendendo con outros colectivos para a mellora continua

01/04/2016

O 1 de abril 2 membros da nosa organización en representación do CDR " O Viso" participamos nunha xornada que convocou a Fundación Barrié para revisarmos o Conecta; unha iniciativa enmarcada dentro do programa Más Social da F. Barrié, coa participación da empresa EDISA que nos posibilitou o desenvolvemento das web corporativas: deseño, montaxe, instalación...

No enlace tes a información que recolle a prensa dixital.

Este tipo de encontros que nos supoñen un "esforzo extra" tamén son unha parte importantísima do noso empeño por facer da mellora continua un dos pilares da nosa sustentabilidade. Ademais é unha sorte grande compartir un anaco do día con persoas doutras 23 organizacións non gubernamentais, nas que están traballando case oitocentos profesionais con máis de cento vintedous mil participantes nos seus programas. Datos poucas veces explicitados. Colectivos de todo tipo: enfermedades raras e/ou crónicas, parálise cerebral e afins, dano cerebral adquirido, transtornos do espectro autista, discapacidade intelectual, saúde mental, exclusión/inclusión social, desenvolvemento comunitario. Como ben dicía Carmen Avendaño, no acto coa prensa, facendo un traballo que nós mesmos debemos resaltar máis.

Agora imos tentar embarcarnos no Conecta 2 para converter as nosas páxinas web en verdadeiras ferramentas de comunicación capaces de provocar cambios sociais; melloralas para lograr un impacto real na sociedade.    

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias