Infórmate > Noticias 

Noticias 

OBRADOIRO BAEG-2 (Busca Activa de Emprego Grupal – 2º encontro)
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

04/03/2016 | A Limia

Mercado laboral e vías de acceso

1 de 2

Xa anunciado a comezos do mes pasado, martes e mércores 1 e 2 de marzo, compartimos na Casa da Cultura a análise do mercado laboral local e as súas vías de acceso a través deste novo encontro.

As persoas participantes aportaron o seu coñecemento e experiencia vital ao grupo e tiveron a oportunidade de avaliar se o seu obxectivo ou obxectivos laborais –a profesión ou profesións na que buscan emprego- ten empregabilidade (capacidade de incorporarse ao mercado laboral) na zona na que buscan ou están anotadas no Servizo Público de Emprego (desempregada ≠ inactiva).

Da avaliación por elas mesmas saíron cuestións a mellorar, e por suposto aspectos positivos:

“Coñecemento de novas habilidades para a busca de emprego”.
“Aprender sobre un mesmo a que lle pode sacar máis proveito”.
“Axuda a rexenerar ás persoas queimadas, é importante subir a moral e o ánimo á persoa desempregada”.
“Saberme situar no mercado laboral, e coñecer como está, e que cada vez me encontro mellor co grupo”.
“Intercambio de impresións e diferentes formas de procurar emprego”.
“Aprendín bastante das demais persoas”.
“Boa dinámica do grupo: anima e ponche as cousas máis claras”.


O seguinte encontro ao que boa parte das e dos participantes se apuntaron é o do 5 e 6 de abril que tratará de “Habilidades sociais e ferramentas para a Busca Activa de Emprego”.

Esta abordaxe que bebe das fontes do desenvolvemento comunitario e do Traballo social con grupos é moi necesaria nos tempos que corren para desafogar e coller alento para seguir o camiño ou abrir outros novos ao veren que non están soas. Unha das súas demandas é poder acceder á utilización dos ordenadores da Aula CEMIT da Casa da Cultura, un equipamento público que nestes momentos non conta con persoal específico para a súa dinamización, polo que trataremos de poñer o noso gran de area para que a través dunha persoa voluntaria poidamos ofrecer un espazo semanal de inclusión dixital.

Dende o C.D.R. “O Viso” continuamos a desenvolver o “RE-INVÉNTATE” ou Animación Sociolaboral en Grupo, unha das liñas de abordaxe do programa Ruralempréga-T, programa subvencionado dende o Servizo de Inclusión e Acción Social da Dirección Xeral de Familia e Inclusión da Xunta de Galicia a través dunha orde plurianual 2015-2016 a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades de inclusión social –cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo-.
 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info