Infórmate > Noticias 

Noticias 

Programa de atención urxente a persoas en situación de exclusión social – IRPF 2015
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

29/01/2016 | A Limia

Reparto mes de xaneiro

1 de 4

Este xoves 28 de xaneiro levamos a cabo na Praza de Abastos de Xinzo o reparto mensual de produtos básicos de alimentación, hixiene e outros produtos de primeira necesidade como as bombonas de gas. Deuse apoio a 15 familias da nosa comarca, aproximadamente 60 persoas beneficiarias, ás que se presta acompañamento para a súa integración e inserción sociolaboral.

Continuamos a contar coa financiación proveniente do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, a cargo da convocatoria do IRPF 2015, da Dirección Xeral de Familia e Inclusión Social da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Agardamos engadir a estas colaboracións, como vén sendo habitual, a da Deputación Provincial de Ourense.

Este mes percibimos leite UHT, aceite de oliva e xirasol, atún, tomates, pementos e froita proveniente do Banco de Alimentos de Ourense, refrescos provenientes da Delegación de Cruz Vermella en Xinzo de Limia. Cabe destacar o traballo en rede desenrolado ao que se suman distintas entidades, empresas e particulares na procura do benestar de algo tan básico como é a alimentación das persoas.

É de destacar tamén as persoas voluntarias que pón o seu tempo a disposición de quen o precisa para axudar a organizar os repartos mensuais e o seu traslado dende o Centro de Inclusión de Lodoselo, até a Praza de Abastos de Xinzo de Limia.
 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info