Noticias
© CDR O Viso | 30/10/2015 |
Programa de atención urxente a persoas en risco ou exclusión social– IRPF 2014
Reparto mensual. Outubro 2015
30/10/2015 | A Limia
Este mes de outubro o reparto mensual de produtos de alimentación, hixiene e outros produtos de primeira necesidade tivo lugar o 29 de outubro. Do mesmo beneficiáronse ata 82 persoas, un total de 18 familias da nosa comarca que se atopan nunha situación de exclusión social.
Como é habitual desprazámonos a tarde antes ata o Centro de Inclusión de Lodoselo, onde dúas voluntarias do Servizo de Voluntariado Europeo e dúas voluntarias do C.D.R. O Viso nos axudaron a organizar e trasladar os lotes ata o almacén da Praza de Abastos que o Concello de Xinzo de Limia nos presta para desenvolver estes repartos na vila.
Con este último reparto mensual e a piques de rematar outubro, poñemos fin ao Programa de Atención Urxente na convocatoria do IRPF 2014, proveniente do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad. Ademáis tamén é financiado dende o Servizo de Inclusión e Acción Social da Xunta de Galicia, e conta coa cofinanciación do Fondo Social Europeo, o apoio da Excelentísima Deputación Provincial de Ourense…
O programa que terá continuidade durante o próximo período, precisará para desenvolverse con normalidade de contribucións de empresas que desexen colaborar solidariamente, cooperativas, fundacións, particulares, etc. As persoas que queiran tamén o poden facer a través do voluntariado, una oportunidade para axudar ás demais e sentirse ben consigo mesmas.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias