Accesibilidad

Axenda de actividades

© CDR O Viso | 06/06/2019 |

Obradoiro de iniciación á musicoterapia na 3ª idade.

A música como ferramenta terapéutica.

29/06/2019 - 29/06/2019 | Lodoselo, Sarreaus.

Dende a Escola de Tempo Libre Limicorum-CDR O Viso, ofertamos unha nova formación de iniciación á musicoterapia na 3ª idade. Impartirán esta formación: Pedro Acosta (percuterapeuta) e Juanma Quelle (coach).

Dirixida a tódalas persoas que queiran aprender técnicas e actividades específicas para traballar coas persoas maiores.

A música como ferramenta terapéutica para mellorar en tódalas áreas nas que se pode sufrir deterioro: área afectiva, emocional (sentimentos, sensacións e emocións), área cognitiva (memoria, linguaxe, comunicación, percepción), área psicomotriz (movemento, relaxación, coordinación) e lúdica (recreativa).

Levarase a cabo o sábado 29 de xuño en Lodoselo, Sarreaus de 10.00h a 14.00h e de 15.30h a 19.30h.

Prezo: 25€ (30€ con xantar).

Inscricións no CIX da Limia (rúa Ladeira, nº21 baixo). Teléfono: 988461571

Lugar de celebración:

Lodoselo, Sarreaus

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades