Accesibilidad

Axenda de actividades

© CDR O Viso | 09/10/2017 | Cartel

Español básico para mulleres migrantes

Curso de 60 horas

18/10/2017 - 01/12/2017 | Xinzo de Limia

Dende xa comezan as preinscricións para participar no Curso básico de español para mulleres migrantes que temos previsto desenvolver entre este mes e o que vén no CEIP Rosalía de Castro.

Esta actuación formativa é subvencionada dende a Consellería de Política Social a través da Orde do 12 de maio de 2017 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2017 e 2018 (Cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional)

Lugar de celebración:

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades