Misión, visión e valores

Somos unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de Utilidade pública. Unha obra comunitaria case tan fráxil e provisional coma os propios seres humanos que a conformamos. Que aprendemos no territorio, no día a día, a vivir na vulnerabilidade con serenidade e esperanza. E experimentamos que a atención ós demais no coidado mutuo produce unha satisfacción plena porque se asenta no amor, en dar valor á interdependencia e á forza do compartir e da solidariedade.

MISIÓN: "Acompañar á xente do medio rural limián en procesos de desenvolvemento que asumen o desafío Trabajador acompañando con paraguas a
persona del pueblode facer medrar a toda a persoa e a todas as persoas". 

VISIÓN: Ser un referente da "utopía realizable" no medio rural galego, cunha estratexia de desenvolvemento integral dirixida á poboación mais vulnerable da comarca da Limia; a través de accións globais de carácter social, educativas, informativas, económicas, de formación e emprego  para que a nosa comunidade permaneza no seu medio, en mellores condicións e cunha maior calidade de vida. 

https://youtu.be/CmfgOIfQ6zg

VALORES: A inquietude e o compromiso prioritarios do Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso”, o seu verdadeiro norte en todos os seus programas, é desenvolver unha auténtica educación integral. A educación integral expresa a mística e o entusiasmo que queremos brindar e que recollemos na pedagoxía e metodoloxía:

 



CDR O Viso
https://cdroviso.org/
https://cdroviso.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=5