Por que ser socio/a?

A esencia do Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” son as persoas, a comunidade. Por iso dende o inicio contamos co apoio de tódolos veciños e veciñas, que sempre nos aportaron a súa axuda e sabiduría. Ti tamén podes colaborar para que este camiño que levamos percorrido poida continuar, facéndote Benfeitor do CDR “O Viso”. Sendo socio ou Benfeitor, estarás perfectamente informado de tódalas novidades do CDR, así como do estado dos proxectos e actividades que levamos a cabo de xeito cotiá; estarás contribuíndo a mellorar e poñer en valor a vida das persoas no rural. Como Benfeitor, estarás contribuindo económicamente á sostibilidade do proxecto do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso"; como socio sen cuota anual, uniraste a nós no camiño que temos recorrido ó longo destes anos e que esperamos siga moitos máis.


Podes facerte Benfeitor, a través da páxina web, no apartado “Facerme socio/a agora”; a través do teléfono 988 46 15 71 ou enviando unha mensaxe á dirección de correo colabora@cdroviso.org; estaremos encantados de resolver todas aquelas dúbidas que poidas ter. Tamén podes acudir directamente á nosa oficina no número 1 da Plaza Maior de Xinzo de Limia.


Ó estar o CDR “O Viso” declarada como entidade de Utilidade Pública, as aportacións tanto de particulares coma de empresas, son deducibles no IRPF ou no imposto de sociedades, cunha dedución entre o 25% e o 30% na cota íntegra.
Coa túa axuda poderemos seguir contribuíndo ó desenvolvemento da nosa comunidade, e estar a carón daqueles que o precisan.


Moitas Grazas polo teu apoio!



CDR O Viso
http://cdroviso.org/
http://cdroviso.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=37