Noticias
© CDR O Viso | 09/05/2014 | Acto en la casa de cultura de Xinzo
Somos socios de Fiare -Banca ética-
Unímonos ó proxecto de Banca ética de Fiare ó estar identificados cos seus principios e valores
09/05/2014
Demos o paso de unirnos ó proxecto de Banca ética de Fiare ó estar identificados cos seus valores e principios. Compartimos os seguintes valores da banca ética:
- A Ética como base para tódalas tomas de decisión
- Compatibilizar o beneficio social, medioambiental e económico
- Financiación de proxectos de economía produtiva, sostibles e ecolóxicos
- Combater a exclusión económica e a imposibilidade de acceso ó crédito dos máis pobres
- Transparencia sobre os proxectos que financian
- Non especulación: non cotizan en bolsa
- Participación activa de socios, accionistas e aforradores no proceso de toma de decisións
E sobre todo apoiar un modelo alternativo de finanzas e desenvolvemento: as finanzas han de estar ó servizo das persoas e non ó revés; foméntase deste xeito a súa función social.
Dende o CDR O Viso cremos que o mellor xeito que temos de aportar é facernos socios de Fiare no intento de que a economía estea ó servizo da sociedade e fixémolo público nun acto que celebramos o pasado xoves día 7 de maio na casa de cultura de Xinzo e no que contamos con Raquel, Águeda e Juan de GIT (grupo de iniciativa territorial) Fiare Galiza Sur.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias