Accesibilidad

Noticias 

Próximo curso de apicultura

Cursos COCEDER para ocupados e non ocupados

04/08/2015 | Lodoselo

A Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural- Coceder, pon en marcha, dende o mes de setembro, un total de dezaséis cursos formativos para profesionais do medio rural, tanto ocupados como non ocupados, enmarcados dentro do Programa Operativo Plurirregional do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e subvencionado, tanto por este Ministerio como polo Fondo Social Europeo, para un total de 226 persoas entre ocupadas e non ocupadas.

Catorce Centros de Desenvolvemento Rural (CDR’s) de COCEDER, de seis comunidades autónomas diferentes (Andalucía, Asturias, Castela e León, Extremadura, Galicia e Comunidade Valenciana) impartirán dita formación entre os meses de setembro e novembro.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
O noso traballo > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > A. Área Educativa-Ambiental e promoción das contornas rurais > A.3- Espazo na Natureza