Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 09/05/2014 | Acto en la casa de cultura de Xinzo

Somos socios de Fiare -Banca ética-

Unímonos ó proxecto de Banca ética de Fiare ó estar identificados cos seus principios e valores

09/05/2014

Demos o paso de unirnos ó proxecto de Banca ética de Fiare ó estar identificados cos seus valores e principios. Compartimos os seguintes valores da banca ética:

  • A Ética como base para tódalas tomas de decisión
  • Compatibilizar o beneficio social, medioambiental e económico
  • Financiación de proxectos de economía produtiva, sostibles e ecolóxicos
  • Combater a exclusión económica e a imposibilidade de acceso ó crédito dos máis pobres
  • Transparencia sobre os proxectos que financian
  • Non especulación: non cotizan en bolsa
  • Participación activa de socios, accionistas e aforradores no proceso de toma de decisións

E sobre todo apoiar un modelo alternativo de finanzas e desenvolvemento: as finanzas han de estar ó servizo das persoas e non ó revés; foméntase deste xeito a súa función social. 

Dende o CDR O Viso cremos que o mellor xeito que temos de aportar é facernos socios de Fiare no intento de que a economía estea ó servizo da sociedade e fixémolo público nun acto que celebramos o  pasado xoves día 7 de maio na casa de cultura de Xinzo e no que contamos con Raquel, Águeda e Juan de GIT (grupo de iniciativa territorial) Fiare Galiza Sur. 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias