Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 25/11/2016 | 25N señores maiores

25-N: Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

25/11/2016 | Xinzo de Limia

Hoxe, 25 de novembro, conmemórase o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Son moitas as actividades que na xornada de hoxe estamos a levar a cabo coa colaboración de Cruz Vermella e o Centro de Información da Muller de Xinzo de Limia. Numerosos pares de zapatos lembran na Praza Maior a todas aquelas mulleres que nos deixaron ó longo deste ano, así como algún dos centos de novas con titulares machistas, que se atopan expostas sobre o espolón.

Ás once da mañá, o alumnado dos CEIP Carlos Casares e Rosalía de Castro plantoulle cara ó frío con variadas actividades orientadas a pór fin a esta lacra. Un enorme lazo formado de actitudes a erradicar rachadas encabezou a participación do primeiro. Un dos grupos do Rosalía de Castro leu uns textos de elaboración propia, mentres que o outro interpretou a peza Matriarcas de Guadi Galego. A mañá chegou ao seu fin coa lectura dun texto por parte dun usuario do Centro de Día coa presenza de LIMISI e parte da corporación municipal, para rematar cun manifesto e unha nova interpretación da canción por parte do público.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias