Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 07/09/2014 |

Enganchados pola apicultura

Un grupo de 25 persoas participamos neste fin de semana nun cursiño sobre o coñecemento da abella e o manexo das colmeas

07/09/2014 | Lodoselo

   Este sábado e domingo nas instalacións do CDR O Viso, en Lodoselo, un grupo de apicultores/as e xente con moito interese neste tema gozamos aprendendo, da man de persoas de referencia neste campo, tanto a nivel de comarca como a nivel galego.

Algúns participantes esperan montar en breve algunha alvariza e outros xa teñen experiencia na apicultura; uns con poucas colmeas (menos de 15) e outros con máis de 200 e 300 colmeas. Tamén coñecemos 2 experiencias de xente moza que se ten iniciado recentemente neste campo e ademais abrindo o abano de posibilidade que ofrece o apiario.

O cursiño enmárcase no programa plurirrexional de formación financiado polo FSE e o MAGRAMA (Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente).

Arquivada en:
Infórmate > Noticias