Infórmate > Noticias 

Noticias 

A prol da inclusión social, solidaridade organizada
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

15/08/2014 | Xinzo de Limia

Na procura dunha intervención social participante, flexible, emancipadora.

1 de 3

Dende o Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” repartimos o pasado mércores 13 de agosto alimentos e produtos de hixiene a aquelas familias en situación de risco ou exclusión social beneficiarias do Programa de Atención Urxente a Persoas en Situación de Risco ou Exclusión Social -programa financiado a cargo da convocatoria do IRPF 2013 polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad-. Este mes tamén se repartiron os fondos que chegaron a través da primeira fase do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), contemplados no Plan 2014 de axuda ás persoasmáis necesitadas da Unión Europea.

Este programa -que se ven desenvolvendo dende novembro de 2013- contempla o reparto mensual de alimentos, produtos de hixiene e bombonas de gas, logo de realizar unha valoración social e traballar en rede cos Servizos sociais comunitarios básicos do Concello de Xinzo de Limia e entidades de acción social como Cáritas ou Cruz Vermella.

O reparto deste mes de agosto beneficiou aproximadamente a 100 persoas e, no que vai de ano, xa levan recibido apoio máis de 150. Para axilizar o reparto solicitouse un local na Praza de Abastos que utiliza o Concello de Xinzo de Limia para repartir os excedentes que lle chegan dende o FEGA, e que dende o C.D.R. “O Viso” utilizamos cedido dende o mes de xuño.

A intervención social dende o C.D.R. non só se ampara nesta mera liña asistencialista, senón que vai máis aló e, acorde á nosa misión, apoiamos a inserción sociolaboral e a inclusión das persoas beneficiarias mediante a súa participación en labores voluntarias e de mellora da súa empregabilidade.

Dentro das actividades de apoio á inserción sociolaboral intervense a través dunha liña individualizada mediante o deseño e desenvolvemento dun itinerario persoalizado de inserción sociolaboral (Ruralempréga-T) e, tamén, mediante accións formativas como é o Curso de agricultura familiar que comezou en xullo e terá continuidade ata novembro, así como tamén, os Cursos de iniciación á tapicería e apicultura que se ten previsto desenvolver no segundo semestre do ano.

Para o desenvolvemento deste programa está a ser fundamental contar cos recursos endóxenos da institución así como o traballo interdisciplinar que se está a desenvolver cos distintos axentes sociais da Comarca da Limia e o tecido asociativo para aunar sinerxias e evitar duplicidades na prestación destes servizos a aquela poboación máis desfavorecida e asolagada polo desemprego de longa duración, ou fóra dos cauces habituais para acceder ao mercado laboral convencional.

Con isto queremos sinalar que se traballa para apoiar a inclusión social intervindo con toda a poboación e non só cos sectores máis vulnerables; si que hai no noso medio certos colectivos como o árabe, a etnia xitana, persoas provenientes de países do leste, etc. onde resulta complexo acadar unha inserción laboral dentro dos cauces do mercado laboral convencional; non obstante, consideramos oportuno dignificar ás persoas non só repartindo os alimentos, senón apoiando a súa inclusión social mediante a formación sobre agricultura básica (e apicultura) para autoconsumo e a posta en valor dos produtos locais e, por outra banda, a recuperación de certos oficios tradicionais como é o da tapicería con escaso auxe na actualidade.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias
O noso traballo > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > D. Área de Inclusión Social e Laboral > D.1- Cobertura de bens de primeira necesidade

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

banner

        

 

 
Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

aceptacookies