Accesibilidad

Noticias 

© Lorena | 16/03/2015 | Cremona

Escríbenos Lorena, desde Cremona (Italia)

Está facendo un SVE dende febreiro

16/03/2015

Este verán pasado decidín que era o momento de emprender este proxecto xa que teño 29 anos e o SVE é para mozos/as menores de 30 anos. Era algo que quixen facer desde o momento no que coñecín a existencia deste programa e agora era o momento perfecto para facelo xa que estaba desempregada, sen proxectos de futuro e no límite de idade. Con este bagaxe acudín ao Cix e alí informáronme de todo o proceso a seguir e púxenme mans á obra co seu asesoramento.

Finalmente resultei elixida para este proxecto que estou levando a cabo en Cremona nunha asociación que traballa con xente con discapacidade intelectual.

Polo de agora está resultado ser unha experiencia moi enriquecedora a tódolos niveis tanto no meu traballo, como voluntaria na asociación, e tamén fóra desta. 

Vou estar neste proxecto por un ano e xa me está faltando tempo para levalo a cabo posto que estas 6 semanas que levo  aquí pasáronse voando...

Espero que todo siga avanzando como ata o de agora (piano, piano per favore!) e que esta experiencia sexa tan gratificante para a xente que fixo e fai posible que esto estea sucedendo como o está a ser para min.

Grazie CDR O Viso!! Grazie Anffas Cremona Onlus!!


Lorena Ojea

Arquivada en:
Infórmate > Noticias