Accesibilidad

Noticias 

Participamos en OUTRA MANEIRA DE EMPRENDER

SEGUNDO SEMINARIO DO CURSO "OUTRA MANEIRA DE EMPRENDER" (4, 5 e 6 DE XULLO) en Vallbona de les Monges. (Lleida)

03/07/2014 | Vallbona de les Monges

Tras o éxito do primeiro seminario do curso para emprendedores no medio rural, celebrado no municipio ecolóxico de Amayuelas de Abajo (Palencia), a principios do mes de abril, chega o segundo e último seminario da convocatoria, que terá lugar, nesta ocasión, no CDR Cooperativa L’Olivera, situado en Vallbona de les Monges (Lleida), os días 4,5 e 6 de xullo de 2014.

Nel intervirán profesionais da talla do sociólogo, Andrés Aganzo -profesor e experto en  Medio Rural-, Aurelio García e o  -presidente de Aprise- Promocions, educador e miembro das Universidades Rurais-, Daniel Jover. De igual modo, contará coa participación especial do experto en poboación rural e Lei de Racionalización da Administración Local, Jerónimo Aguado Martínez.

CONTIDOS:

Unha formación teórica (en grupo) coa axuda de diferentes expertos do campo da socioloxía, economía, agroecoloxía, etcétera, que aporten unha visión actual do contexto no que vivimos. Conxugando o coñecemento a nivel global do mundo: as súas características, interrelacións… e o específico do medio rural: políticas agrícolas, sectores produtivos, problemática, posibilidades.

Unha formación específica sobre o concepto de emprender: ¿por que? ¿para que? Perfil da persona emprendedora, o risco, a oportunidade,…

Unha formación "in situ" eminentemente práctica, individual e personalizada, de transmisión de coñecementos, en cada un dos Centros de Desenvolvemento Rural e as iniciativas promovidas por estes, en función dos intereses que cada persoa vaia expresando. Un espacio privilexiado para a aprendizaxe.

O apoyo á posta en marcha do proxecto personal:

.  A idea de negocio: análise do entorno, concreción da idea.

. O plan de Empresa: económico, financieiro, comunicación, operacións, recursos humanos, etc.

Avaliación do proceso de formación e emprendemento

OBXECTIVOS:

Fomentar a cultura emprendedora dos moz@s a través do coñecemento real, teórico e práctico das diferentes experiencias do emprendedor no ámbito rural.

Crear cauces de transmisión do coñecemento entre as personas dun medio e outro, neste caso, o rural e o urbano, co fin de facilitar o emprego aos novos emprendedores.

Favorecer o voluntariado das persoas con grandes coñecementos e dar cauce para a transmisión dos mesmos a aqueles que o necesiten.

Acoller e formar a 20 moz@s en situación de desemprego nos CDRs en diferentes especialidades.

Un encontro que conta co financiamento do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, a través da Campaña do IRPF.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias