Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 04/06/2015 |

Hai outras fórmulas… o emprendemento como alternativa

XORNADAS RURALEMPRÉGA-T

04/06/2015 | A Limia

Os días 3 e 4 de xuño dende o Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” vimos de celebrar as Xornadas de Autoemprego: “Hai outras fórmulas… o emprendemento como alternativa”.
O primeiro día dedicamos a xornada ó cooperativismo "O  emprendemento baixo a fórmula cooperativa: unha boa  opción de emprendemento"; nesta ocasión contamos coa presenza de Daniel Diéguez –técnico de emprendemento da Rede Eusumo da Xunta de Galicia de fomento e promoción do cooperativismo-.
O segundo día contamos coa participación de distintas experiencias de emprendemento no noso eido rural: Noemí, que nos contou a súa experiencia coa "Arca da Noe" en Vilar de Santos; Raúl as súas vivencias de emprendemento de Carlin e Tenda-R e Seur en Xinzo a través do modelo de franquicias; Lois a través da produción e comercialización de carne de Boi en Coedo (Allariz) e, por último, Marcos (Baldriz- Cualedro) a través da produción extensiva de castañas e comercialización das mesmas, aínda que tamén de apicultura. Asemade, a estas presentacións que tiveron lugar nas instalacións da Casa da Cultura de Xinzo de Limia, saímos a visitar a experiencia de Gonzalo, a tenda-cafetería ÍTACA onde se comercializan produtos ecolóxicos e, finalmente, Natalia na súa "Tenda do ourizo"  coa venda de Produtos Artesanais e ecolóxicos, ambas en Xinzo de Limia. Moitas grazas pola vosa participación, pola vosa testemuña.
Todas estas experiencias emerxentes na nosa comarca, a ilusión que nos transmitiron, o enfoque respetuoso e de apoio ó medio e os valores que os moven son alentadores; un novo xerme está medrando en torno ó rural, onde algunhas persoas mozas que saíron a estudar fóra, preparadas, están retornando á comarca con ganas e ideas innovadoras para aproveitar as potencialidades do rural e crearen o seu nicho de emprego.

Dende O C.D.R. “O Viso” obtemos o financiamento para o desenvolvemento do Programa Ruralempréga-T (programa de orientación sociolaboral a colectivos en risco ou exclusión social dende o que intervimos prestando un acompañamento individualizado e complementariamente mediante accións formativas grupais) dende o Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad a cargo da convocatoria do IRPF 2014, o Servizo de Inclusión e Acción Social da Xunta de Galicia, e a cofinanciación do Fondo Social Europeo.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias