Infórmate > Noticias 

Noticias 

Obradoiro, Formativa 4: “Á busca activa de emprego na Internet”
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

13/05/2015 | Xinzo de Limia

Dúas xornadas de Ruralempréga-T na aula CEMIT de Xinzo

1 de 5

O 7 e 8 de Maio celebramos na Aula CEMIT do Concello de Xinzo de Limia un “Obradoiro de Busca Activa de Emprego na Internet” para algunhas das persoas participantes no Programa Ruralempréga-T –programa de orientación sociolaboral para persoas en risco de exclusión social- do Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso”, e tamén para participantes derivadas dende o Equipo Comarcal de Inclusión Social de Xinzo de Limia, estando todas elas rexistradas no II Plan Galego de Inclusión Social.Dende O C.D.R. “O Viso” obtemos ofinanciamento para o desenvolvemento deste programa dende o Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad a cargo da convocatoria do IRPF 2014, o Servizo de Inclusión e Acción Social da Xunta de Galicia, e a cofinanciación do Fondo Social Europeo.

Entre as temáticas tratadas estivo, durante o primeiro día, como crear un correo electrónico e un currículo vitae. O segundo día profundizamos nos portais webs para a procura de emprego, e en trámites de inclusión dixital como extraer a vida laboral ao momento.

Foron dous días intensos, onde as e os participantes revelaron a súa satisfacción cos contidos impartidos e demandaron maior apoio para unha área na que as persoas adultas padecen certa analfabetización. Entendemos que a aula que conta cunha equipación aceptable, se atopa infrautilizada e ten unha alta potencialidade para a inclusión e inserción laboral da poboación do medio rural, de aí a importancia deste tipo de acción abertas á cidadanía.

Estes  obradoiros que teñen lugar dendecomezos de ano, incluídos como acción formativas de orientación laboral en grupo, rematarán no primeiro semestre de ano coa celebración do Obradoiro de Autoemprego do 3 e 4 de xuño, onde contaremos coa participación da Rede EUSUMO para sensibilizarnos sobre a fórmula cooperativa, e tamén con experiencias de emprendemento no eido rural e/ou local. As persoas que desexen solicitar a súa inscrición poden facelo enviando un e-mail ao seguinte enderezo electrónico: areasocial@cdroviso.org, ou chamando por teléfono ao 988461571.
 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

banner

        

 

 
Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

aceptacookies