Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 15/09/2014 |

Lisboa en Lodoselo!!!

Emocionante concerto de fados o pasado sábado

15/09/2014 | Lodoselo (Sarreaus)

O sábado os veciñ@s do pobo e outras persoas dos arredores -que ata aquí se achegaron- gozamos, nun marco inmellorable (o patio do albergue do pobo escola, casa rectoral) da compaña de dous artistas: Gonçalo Guerreiro e Dani Pais. Con eles, coa súa música, co seu sabernos levar mergulláronos en Lisboa, a través do fado. Porque o fado é a expresión musical da alma de Lisboa e os galeg@s conectamos moi ben coa melancolía e a nostalxia, co íntimo, coa saudade.

Os sons do vento que pasa -concerto de fados en galego- chegou a Lodoselo da man do Concello de Sarreaus a través do programa falaRedes (da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística).

Arquivada en:
Infórmate > Noticias