Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 20/12/2014 |

Reparto dos derradeiros excedentes da 2ª fase do fondo español de garantía agraria

E comezo do programa de atención urxente a persoas en situación de risco ou exclusión social - IRPF 2014

19/12/2014

Dende o Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” repartimos o pasado xoves 18 de decembro produtos de alimentación, hixiene e/ou bombonas de gas a 44 persoas beneficiarias a través dos excedentes da 2ª Fase do Fondo Español de Garantía Agraria dentro do Plan de Axuda Alimentaria da Unión Europea e do comezo do Programa de Atención Urxente a Persoas en Situación de Risco ou Exclusión Social a cargo da convocatoria do IRPF 2014, do que anunciamos continuará funcionando pero con máis restricións posto que os fondos para poder levalo a cabo son menos. En tempos difíciles facemos unha chamada pública e privada á solidariedade veciñal, das institucións e empresas para apoiar este programa pois precisamos reunir esforzos para chegar á xente que máis o precisa.

Como vimos expoñendo anteriormente, a do C.D.R. é a misión do compartir e apoiar o desenvolvemento dos distintos proxectos vitais, de aí que o apoio a estas necesidades básicas as concibamos coma un medio para a integración e a inclusión. Nesta liña é de destacar a colaboración voluntaria ao longo de todos os meses do ano, onde persoas de maneira altruista axudaron a organizar os repartos mensuais de alimentación e contribuíron a facer posible esta estratexia.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias