Accesibilidad

Noticias 

Acabamos o curso de iniciación á tapicería

A avaliación do alumnado foi moi positiva salientando o enfoque práctico e a petición de que debería durar máis

07/11/2014 | Xinzo de Limia

   O venres 7 de novembro rematamos o curso de iniciación á tapicería desenvolvido ó longo de setembro (finais), outubro e comezos de novembro, cun total de 100 horas máis 90h de prácticas laborais en empresa. Estivo organizado por módulos temáticos, sendo eminentemente práctico. Ademais deuse a oportunidade de realizar as prácticas laborais no único taller de tapicería que hai en Xinzo. 

   Salientar que dúas persoas do grupo que realizaron o curso poñerán en marcha unha iniciativa laboral relacionada co deseño de mobles. Desde aquí alentamos a esta xente emprendedora e alegrámonos porque haxa persoas que son quen de "crear" o seu propio posto de traballo. 

   Este curso foi financiado pola Consellería de Traballo e Benestar dentro das subvencións a entidades de iniciativa social, do ano 2014; é unha actividade cofinanciada ademais polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo FSE de Galicia 2007-2013.

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias