Accesibilidad

Noticias 

O CDR O Viso en Fervenzas, Revista Galega de Traballo Social

Artigo sobre a experiencia de Supervisión social levada a cabo no CDR O Viso

18/02/2015

No presente artigo exponse o modelo de supervisión social que permitiu, no Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso”, o inicio da práctica profesional a unha persoa que se acaba de titular co apoio das novas tecnoloxías. En primeiro lugar, faise unha achega teórica ao concepto da supervisión e o seu percorrido histórico para chegar á institución nomeada, onde se explica o modelo utilizado, as principais temáticas abordadas, así como as ferramentas que o fixeron posible. Cabe destacar, en definitiva, a importancia que posúen este tipo de prácticas de aquí en diante que permitan darlles voz ás e aos profesionais que se acaban de titular, defendendo e amparándose nos principios básicos da profesión do traballo social que se vén afectados polas sucesivas privatizacións nos servizos sociais públicos e a conseguinte regresividade no benestar da cidadanía.

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias