Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 02/09/2015 |

Programa de atención urxente a persoas en risco ou exclusión social – Setembro 2015

Reparto de produtos básicos e de urxencia dende un enfoque inclusivo

02/09/2015 | A Limia

Desta volta, e debido a motivos de organización internos, o reparto mensual de agosto tivo lugar o 2 de setembro.

É de recibo por en valor a participación de 4 voluntarias: dúas persoas autóctonas que colaboran con programas de intervención social da entidade, e tamén das dúas voluntarias do Servizo de Voluntariado Europeo. O seu apoio facilitou a organización e traslado dos lotes ao almacén da Praza de Abastos que o Concello de Xinzo de Limia nos cede para os repartos mensuais.

Nuns tempos onde impera o individualismo, queremos reivindicar que a inclusión social tamén pasa pola participación voluntaria, daquelas persoas que pon a disposición o seu tempo para colaborar coas máis necesitadas (“Canto máis axuda prestes ás demais persoas, máis axuda recibirás ti”, Brian Tracy).

Este mes repartimos produtos de alimentación e hixiene básicos (leite de iniciación e/ou continuación e cueiros para bebés e menores en idade infantil),  e bombonas de gas a 18 familias, un total de 90 persoas que se beneficiaron directa ou indirectamente deste apoio.

En coordinación cos servizos sociais comunitarios básicos da zona, tentamos ser un apoio temporal para aquelas unidades familiares que máis o precisan e que están a agardar por unha prestación de inclusión social ou subsidio de ingresos mínimos, para aquelas persoas que buscan activamente emprego… de aí que, a pesar de ser un programa de urxencia, infórmase e trata de conseguirse a participación das persoas beneficiarias no Plan de Inclusión Social de Galicia.

Dende o C.D.R. “O Viso” obtemos financiamento para o desenvolvemento deste programa de atención urxente dende o Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad a cargo da convocatoria do IRPF 2014, o Servizo de Inclusión e Acción Social da Xunta de Galicia, e a cofinanciación do Fondo Social Europeo. Ademais de contar coa colaboración de entidades locais que permiten certa redistribución social para facilitar o día a día de moitas familias. Incorporamos agora, para permitir a continuación deste programa, o apoio da Excelentísima Deputación Provincial de Ourense.

Está previsto desenvolver o próximo reparto o mércores 30 de setembro, desprazándonos un día antes para organizar e trasladar os lotes.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias