Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 02/12/2015 | Reparto Nov. 1

Reparto Mensual de alimentación, produtos de hixiene e bombonas de gas

PROGRAMA DE ATENCIÓN URXENTE A PERSOAS EN SITUACIÓN DE EXCLUSIÓN SOCIAL – IRPF 2015

02/12/2015 | A Limia

Co Reparto Mensual de alimentación, produtos de hixiene e bombonas de gas celebrado o 26 de novembro de 2015 na Praza de Abastos de Xinzo de Limia, deuse apoio a máis de 70 persoas da nosa comarca que se atopan en situación de exclusión social.

Este mes comezamos a convocatoria do IRPF 2015 subvencionada dende o Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, continuamos a contar co apoio do Servizo de Inclusión e Acción Social da Xunta de Galicia, e coa cofinanciación do Fondo Social Europeo, e da Excelentísima Deputación Provincial de Ourense…

Alén a esta financiación, e como organización non gubernamental traballamos para o cambio social, de aí que inauguremos xa a “Campaña de Recollida de Alimentos e Produtos de Hixiene de Nadal” que terá lugar na vila entre o 1 e o 19 de decembro, onde participarán os supermercados e persoas a título persoal que queiran contribuír á iniciativa.

Continuamos a contar con voluntariado para apoiar os nosos programas, e seguimos sensibilizando e chamando á solidariedade poñendo a énfase na urxencia de compartir, de aí que actuemos para a redistribución social nuns tempos onde as desigualdades sociais aumentan e polo tanto o risco de pobreza e exclusión social.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias