Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 05/01/2016 | 1

CONCILIA NO NADAL 2015

A primeira tarefa da educación é axitar a vida, pero deixala libre para que se desenvolva.

M. Montessori

05/01/2016 | Lodoselo

O martes día 29 de decembro, o sol agasallounos coa súa presenza e os nen@s da Comarca da Limia e de Verín-Monterrey poideron gozar da natureza, dos animais e dunha gran xornada con outros nen@s!
Construímos xoguetes, acomodamos ós animais, fixemos repostería, cantamos e bailamos ó son do acordeón da Lucía, o Alberto contounos un conto, en troques de cortar unha árbore para o Nadal nós plantamolas, pasamos un agradable xantar coa xente maior do comedor do Centro de Inclusión .... e xogamos, xogamos moito.

E o luns 4 de xaneiro... "Cantámosche os reis do kikirikí se non nos das nada marchamos daquí"

Pois así pechamos estes dous días de convivencia. A pesares da choiva do día catro, unha pequena trégoa fixo que poideramos apañar un bo aguinaldo: unha bolsa boa de lambetadas, unhas galletas ... a cambio dunhas peciñas.
Tod@s uns/has artistas!!!!

"A primeira tarefa da educación é axitar a vida, pero deixala libre para que se desenvolva"  M. Montessori

Arquivada en:
Infórmate > Noticias