Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 01/02/2019 | 1

Ruben no Ceip Rosalía de Castro achegándonos Alemaña

Terra dos poetas e pensadores

01/02/2019 | Xinzo de Limia

Nesta xornada, primeiro día de febreiro, Ruben Stein participou como "mestre" nunha actividade co alumnado de 4º de primaria do Ceip Rosalía de Castro. Ademais de explicar qué fai un rapaz coma el, alemán, prestando un voluntariado no CDR O Viso a través do progama de Servizo de Voluntariado Europeo e alentar a que el@s, cando poidan, tamén viaxen e fagan un voluntariado noutro país... Deunos moitas informacións.

Preparou un guión no que tiveron cabida unha revisión ós estereotipos que temos dos alemáns como xente puntual, disciplinada, concienzuda, ordenada, entusiasta dos deportes, aventureiros, distantes, tercos, sen sentido do humor... Pero tamén nos fixo un resumido percorrido pola historia do seu país desde as tribus xermánicas, Barbarroja, Martin Lutero, guerras, división de Alemania... Ata a caída do muro de Berlín e fundación e adhesión á U.E.  

Tamén achegou información sobre o idioma, as diferentes paisaxes, os habitantes e os países veciños, a economía, personalidades famosas e a conexión de España e Alemania. 

Moitas grazas Ruben. Para moitos dos membros do Ceip xa era unha persoa coñecida porque ten participado en actividades que o CDR fai no colexio (sobre todo, con migrantes), ou outras nas que algún alumnado participa en Lodoselo (Magosto deste último ano, campamentos, programa Concilia, etc.). 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias