Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 04/02/2016 | 1

Educación Infantil Familiar en nove concellos da Limia

Espazos de xogos, creatividade, reflexión e diálogo

04/02/2016 | A Limia

O programa de Educación Infantil Familiar que o CDR O VISO incorporou  ó seu proxecto de desenvolvemento integral na comarca da Limia xa é unha realidade. Estanse levando a cabo xuntanzas familiares en Baltar, Os Blancos, Trasmiras, A Forxa, Sarreaus, Vilar de Santos, Sandiás, nos CEIPs Carlos Casares e Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, nas aldeas de Morgade, Ganade e Paredes e en Arnuíde (Concello de Vilar de Barrio).
Neste servizo socioeducativo que se iniciou no pasado mes de novembro xa están participando preto de 50 familias limiás, que acoden semanal ou quincenalmente ás xuntanzas onde nenas e nenos, nais, pais, avós, avoas, tías, tíos… participan dun espazo de xogo, creatividade, reflexión e diálogo.
Agárdase que ao longo deste primeiro trimestre do ano se afiancen os grupos coa participación de máis familias para ir pouco a pouco consolidando o proxecto educativo.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias