Accesibilidad

Noticias 

© CDR O VISO | 13/09/2021 | Curso Asistente Persoal en el Medio Rural

Poñemos en marcha un Itinerario de Inserción Sociolaboral con formación gratuíta en Asistencia Persoal no medio rural

13/09/2021 | Xinzo de Limia

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, membro da Confederacion de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER), pomos en marcha un novo itinerario de inserción sociolaboral orientado a frear o despòboamento co Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES-CCI2014ES05SFOP012), dentro do seu eixe para promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación.

A formación deste itinerario de inserción sociolaboral denomínase CURSO DE ASISTENTE PERSOAL NO MEDIO RURAL, cunha duración de 50 horas e está aberto o prazo de inscrición ata o 27 de setembro.

• O curso de formación iníciase o día 06/10/2021 e dura ata 20/12/2021.

• Impartirase na modalidade de Teleformación.

• Haberá sesións on-line os mécores e xoves.

O obxectivo que se quere acadar é: adquirir as competencias e habilidades cas que debe contar un asistente persoal para persoas en situación de dependencia, a base dos seus principios e valores no exercicio desta profesión. A figura do asistente persoal cada vez ten unha maior demanda, o que incide na creación de novos postos de traballo no medio rural.

O itinerario consta de 70 horas en total, e consiste nunha orientación laboral individualizada (10 horas), unha Formación Específica de Asistencia Persoal (50 horas), e unha formación complementaria sobre a igualdade de oportunidades e sensibilización medioambiental (10 horas).

Os requisitos para poder participar son:

– Estar en idade activa,

– Ter DNI/NIE con permiso de traballo.

Os itinerarios son gratuítos, financiados polo Fondo Social Europeo (FSE invierte no teu futuro) e pola Xunta de Galicia a través do Programa Integral de Intervención Comunitaria no Medio Rural (con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Consellería con competencias en materia de política social). Para inscribirse poden:

  • Contactar con nós: CDR O VISO. Rúa Ladeira, 21, Baxio. Xinzo de Limia. Teléfono: 988 46 1571

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
O noso traballo > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > D. Área de Inclusión Social e Laboral > D.3- Orientación e Inserción laboral