Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 09/11/2020 | Furgón Mercadona

Prosigue a colaboración entre o Mercadona e o CDR O Viso.

Dende o pasado mes de abril a cadea de supermercados Mercadona dona alimentos frescos para a labor social do CDR O Viso.

09/11/2020

A comezos de febreiro a cadea de supermercados Mercadona e o CDR O Viso asinaron un convenio de colaboración para a doazón de excedentes alimentarios do seu establecemento de Xinzo de Limia. No mes de abril, durante o primeiro confinamento, a nosa entidade comezou a recibir os alimentos frescos que foron adicados o noso programa de atención de necesidades básicas e o centro de inclusión, supoñendo un apoio fundamental para afrontar as consecuencias do confinamento que todas e todos sufrimos.

O longo dos meses, devandita colaboración, proveeu a nosa entidade de alimentos frescos que foron distribuidos semanalmente, dando un apoio fundamental ante as situacións de carencias de recursos agudizadas pola pandemia. Grazas o volumen de doazóns, máis de 6000€ no pasado outubro, puiderónse realizar máis de 10 repartos mensuais as familias con maior risco de vulnerabilidade. Dende o CDR O Viso agradecemos esta e outras colaboracións que nos están a permitir continuar coa nosa laboura,avanzando na loita contra a exclusión social e o despoboamento do rural.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias