Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 18/06/2018 | Encuentro familias

Encontro de Familias de Ed. Inf. F. na Limia

Paticipantes no programa. Curso 2017/18

18/06/2018 | Lodoselo

No CDR O Viso festexamos un ano máis o remate do curso de Educación Infantil Familiar na Limia. Fixémolo en Lodoselo nun encontro de familias no que participaron preto de 100 persoas.
Grazas á colaboración de persoas voluntarias, tanto traballadoras do CDR como veciñas, puidemos cocer o pan no forno comunitario, facer xogos populares, coidar os coellos e os poliños, pintar, facer pompas de xabón xigantes, prantar un carballo ou dar un paseo co burro Fariñeiro, o protagonista de todas as xuntanzas.
Pero o acontecemento por excelencia da xornada foi o parto dunha das ovellas, que fixo que nenas, nenos e maiores quedasen abraiados observando tan emocionante alumbramento!
Para rematar compartimos unha merenda no patio do albergue. Un ano máis agradecémoslles ás familias a súa participación.

Este proxecto estase a desenvolver grazas o financiamento que procura a Consellería de Política Social a través das subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. (Orde do 22 de setembro de 2017) 

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d200693836kP639428553o2l1/ed-inf-familiar-2018

Arquivada en:
Infórmate > Noticias