Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 20/12/2014 | Etelvino Bande Domínguez

O I Concurso de fotografía xa ten gañador

"Á mesa" de Etel en Noallo de Abaixo (Castelo de Miño)

20/12/2014 | Lodoselo

Etelvino Bande Domínguez (1975) domiciliado en Ourense resultou gañador do I Concurso de fotografía organizado polo CDR O Viso. Hoxe sábado recolleu en Lodoselo un pequeno agasallo (unha cestiña de Nadal con produtos de Comercio Xusto) e queda pendente de fixar unha data para a estancia un fin de semana no albergue do pobo escola.

A fotografía que quedou en primeiro lugar leva por título "Á mesa" e foi tomada no lugar de Noallo de Abaixo, concello de Castrelo de Miño. A outra fotografía finalista "Churras churras" foi tomada na aldea de A Cela, concello de Lobios.

Queriamos darlle notoriedade ás persoas dos nosos pobos e poñer en valor o rural galego, aproximarnos á realidade do medio rural, da súa xente e a súa vida no mesmo, a través de traballos fotográficos. E tivo unha moi boa acollida, polo que á participación se refire. Moitas grazas a todos os participantes. 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias