Noticias
漏 CDR O Viso | 06/12/2014 |
Grazas, Obrigado, Gracias, Gr脿cies, Eskerrik asko, Merci, Thanks...
A todas as persoas comprometidas coas Boas Causas
06/12/2014
"IMPLIK-T na acción voluntaria"
O día 5 de decembro o CDR O Viso puxo na praza maior de Xinzo unha mesa informativa con motivo do día do voluntariado e a modo de homenaxe ás persoas voluntarias. Para agradecer a todas as persoas que se implican na mellora do noso entorno, dos nosos veciñ@s, da nosa vida...
Nesta organización sabemos ben o que é a importante testemuña das persoas comprometidas coa misión e visión do CDR; e non só as persoas voluntarias, tamén tod@s os traballador@s que van máis aló de ser uns bos profesionais e testimonian no día a día o seu compromiso atendendo, entendendo, sintonizando cos participantes dos nosos programas. Moitas grazas a tod@s os que ó longo de todos estes anos estiveron e están neste empeño de converter os problemas en retos e os soños en realidade.
Arquivada en: