Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 10/05/2015 | Grupo Xanela aberta en Lodoselo

Xanela aberta -programa de educación para o cambio social de Amarante Setem- no CDR o 9 e 10 de maio

O territorio como espazo educativo: rumbo a unha PEDAGOXIA DA TERRA NA GALIZA.

05/05/2015 | Lodoselo

 XANELA ABERTA 2015. RENOVANDO A MIRADA GLOCAL.
O territorio como espazo educativo: rumbo a unha PEDAGOXIA DA TERRA NA GALIZA.

O Xanela Aberta será novamente lugar de encontro onde  coñecer e compartir experiencias educativas e loita social, da Galiza ao Brasil co Movimento Sem Terra.

O territorio onde vivimos contén nosa identidade e cultura, contén saberes e vivencias, a historia do que somos e as posibilidades do que queremos ser. É no lugar que vivimos onde creamos comunidade, onde xeramos coñecemento.. é o lugar que agredimos, onde entramos en conflictividade… mais é tamén onde nos desenvolvemos e nos interrelacionamos. Aprendemos, soñamos, creamos… En definitiva, onde nos educamos. Todas vivimos nalgún lugar que devén o noso espazo de socialización, educación e desenvolvemento. Como creamos comunidade nos lugares que vivimos e que posibilidades educativas nos ofrecen?

Iniciamos un novo curso do Xanela Aberta, un programa educativo para ese outro mundo posíbel que este ano pretende ser espazo de encontro para a reflexión en torno á Educación e o Territorio, e de coñecemento de experiencias locais e globais ao redor dunha Pedagoxía da terra.

Tras unha década de colaboración co Movimento Sem Terra do Brasil, que nos ten permitido aproximarnos ó seu labor no eido educativo, consideramos o Xanela aberta un espazo de oportunidade para discutir a relación que se establece na Galiza entre o ámbito educativo (formal e informal), a organización social para a creación de comunidade e o activismo social para a defensa do territorio.

A finalidade do programa é transitar entre a Educación e o Territorio para comprender e repensar o lugar onde vivimos, cales son as problemáticas e cales as posibilidades educativas transformadoras que construímos ou podemos construír en comunidade. O Xanela aberta propón, para isto, que ollemos o territorio coma un espazo educativo con infindas posibilidades e en continuo proceso de construcióna través da organización social.

Para isto,
– Contaremos coa colaboración de organizacións e movementos sociais da Galiza para a construción de coñecemento en torno aos seguintes eixos temáticos:

1. Organización social e territorio
2. Problemáticas territoriais na Galiza
3. Organización social e defensa do territorio
4. Pedagoxía e activismo social pola defensa do territorio

– Coñeceremos a experiencia socioeducativa do Centro de Desenvolvemento Rural de O Viso (Lodoselo, Ourense) e do CPI de Virxe da Cela (Monfero, A Coruña).

– Contaremos coa participación de persoas vinculadas a movementos e organizacións internacionais que aportarán coñecemento en torno á Pedagoxía da Terra noutros territorios e comunidades.

Finalmente, as persoas participantes en todas as xornadas terán a posibilidade de viaxar ao Brasil co Movimento Sem Terra para coñecer directamente o seu labor polo dereito á terra, onde a súa defensa e o seu coidado articúlanse no labor educativo que desenvolven a nivel institucional e comunitario.

PROGRAMA FORMATIVO

Xornada I:

25 de Abril. O territorio como espazo organizado dende diferentes dimensións e implicacións socioeconómicas. Problemáticas territoriais e educación: Cara a unha pedagoxía da terra.

Xornada II:   
                
9-10 de Maio. A comunidade e o feito educativo como un proxecto socio económico. Coñecemento, convivencia e reflexión no C.D.R O Viso, Lodoselo, Ourense.

Xornada III: 

16 de Maio. Análise de experiencias educativas noutros países. Movementos pola defensa da terra.

Xornada IV:

6-7 de Xuño. A escola na Galiza como dinamizadora comunitaria revalorizando o patrimonio natural e cultural. A experiencia do CPI Virxe da Cela, Monfero, A Coruña.

_ Xanela aberta é un programa de educación para o cambio social de Amarante Setem _

Arquivada en:
Infórmate > Noticias