Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 23/12/2015 |

Éxito da campaña de recollida de alimentos e produtos de hixiene

Campaña de Nadal: "Contribuíndo ó local contribúes contigo"

23/12/2015 | Xinzo de Limia

Dende o C.D.R. O Viso recollemos máis de 1.500 kg de comida e produtos de hixiene nesta campaña que tivo lugar entre o 1 e o 19 de decembro. Queremos agradecer publicamente a colaboración de institucións, empresas e persoas voluntarias que o fixeron posible. É de destacar a participación da veciñanza e do voluntariado, piares sobre os que se substentou o éxito da mesma, o cal constata que aínda perviven os valores da axuda mutua, a cooperación e a solidariedade, nuns tempos onde urxe o compartir e a redistribución social debido á elevada taxa de desemprego, inestabilidade e precariedade do mercado laboral, como desencadeantes do aumento da taxa de risco de pobreza e exclusión social.

Agradecer tamén a colaboración dos supermercados Gadis, Día e Eroski que nos permitiron ter un carriño nos seus establecementos da vila para que a poboación depositase a súa aportación. Agradecer tamén a colaboración das Perruquerías Luxury e Asun e da Parroquia de Santa María de Couso de Limia que se sumaron á iniciativa.

Da alimentación e hixiene recadada non soamente nos facemos eco nestas datas de nadal, senón que contribuirán a que durante o vindeiro ano 2016 poidamos desenvolver un reparto mensual ás persoas e/ou familias con necesidades.

A financiación coa que contamos para desenvolver o Programa de Atención Urxente, no que utilizamos estes produtos, provén do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad a cargo da convocatoria do IRPF 2015, do Servizo de Inclusión e Acción Social da Dirección Xeral de Familia e Inclusión da Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense.

Como organización non gubernamental contribuímos a transformar a nosa realidade local, sen perder a perspectiva global, e alén do mero asistencialismo apoiamos situación puntuais de emerxencia, ou continuadas durante uns meses cunha finalidade inclusiva; poñemos o noso gran de área para que toda aquela persoa con necesidades poida gozar duns indicadores mínimos de calidade de vida concibindo a alimentación como un dereito humano básico e universal que non ha de supeditarse a ningunha condición nin discriminación alguna por razón de xénero, idade, capacidade, cor, clase social, etnia, relixión, crenzas… ou calquera outra.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias