Infórmate > Noticias 

Noticias 

Axúdame a quedar: servizos de proximidade. Proxecto do CDR O Viso
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

02/07/2014

A Fundación Barrié e a Fundación Roviralta destinan 150.000 euros a 14 proxectos de entidades galegas que promoven a integración social en colectivos en situación de vulnerabilidade ou exclusión

A Coruña, 2 de xullo de 2014.- Catorce proxectos de entidades prestadoras de servizos sociais de Galicia veñen de ser seleccionados pola Fundación Barrié e a Fundación Roviralta, que os financiarán con 150.000 euros. Trátase da primeira convocatoria de proxectos impulsada conxuntamente por ambas entidades, e que foi creada para complementar os beneficios do programa "Máis Social". Os 150.000 euros distribúense entre os catorce proxectos seleccionados con dotacións específicas entre os 3.000 e 17.000 euros por proxecto.

Entre os proxectos presentados, a Fundación Barrié e a Fundación Roviralta priorizaron aqueles que promoven a integración social de colectivos en situación de vulnerabilidade ou exclusión, así como os máis innovadores e con capacidade de replicarse noutras entidades, e por tanto de multiplicar o seu impacto social. Entre eles, atención psicológica a persoas sen teito, un novo servizo de acceso á información para persoas con discapacidade auditiva, equipación informática para romper fenda dixital en colectivos en risco de exclusión, adquisición de vehículos de transporte adaptado, e unha bicicleta adaptada para o uso de persoas con parálise cerebral, ou  a creación dun modelo de intervención en persoas con dano cerebral.

Catorce proxectos, que son:

“Un nuevo modelo de intervención para el daño cerebral”  /  VIGO  / ALENTO - Asociación de Dano Cerebral de Vigo

”Espertar: Intervención con personas sin techo de Lugo con trastorno mental severo.” / LUGO   / ALUME – Asociación lucense de ayuda a los enfermos mentales

“Servicio ADA, accesibilidad para la discapacidad auditiva” / A CORUÑA  /  ACOPRÓS- Asociación Coruñesa de Promoción del Sordo

”Aula polivalente de inclusión sociodigital”  / A CORUÑA  /  ECOS DO SUR

“Programa Conecta-Aleida: un enfoque sistémico para prevenir el fracaso escolar” / ÁMBITO AUTONÓMICO. FUNDACIÓN MENIÑOS

“Comuni@tic 3.0” / VIGO / ASPANAEX  y APAMP

“Ayúdame a quedar: servicios de proximidad”  / OURENSE  /  Centro de desarrollo rural “O Viso” (Ourense)

“Intervención para el empoderamiento femenino a través del apoyo a la actividad empresarial. Proyecto:  tecendo futuro” / LUGO   / ALIAD-ULTREIA  (Lugo)

“40 proyectos de vida” / A CORUÑA   /  ASPANAES  - Asociación de Padres de Persoas con Trastorno del Espectro Autista de la provincia de A Coruña

“Dinamización base social: capacitación tecnológica” / ÁMBITO AUTONÓMICO  / DOWN GALICIA- Federación Galega de Institucións para a síndrome de Down

“Equipamiento del Centro de Día especializado en Daño Cerebral y en régimen ambulatorio” / A CORUÑA. ADACECO- Asociación de Daño Cerebral de A Coruña

“Punto de información de la Demencia (P.I.D.)” / A CORUÑA – VIGO  / AFACO y AFAGA

“I Marcha sobre rodas ASPACE” / PONTEVEDRA  /   ASPACE GALICIA - Federación Aspace Galicia

“Programa de Fisioterapia para enfermos/as de Parkinson y familiares/cuidadores” / A CORUÑA  / Asociación Parkinson Galicia Coruña

Arquivada en:

Infórmate > Noticias
O noso traballo > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > B. Área de Atención á Comunidade: Servizos de Proximidade > B.2- Centro de Inclusión

MATERIAIS RELACIONADOS
Vídeos
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies