Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 02/10/2014 | Miel 2014

Outono con sabor a mel, cogumelos...

E continúan nacendo poliños e medrando o rabaño de ovellas

02/10/2014 | Lodoselo

   Si, xa estamos en outono e andamos recollendo; apañamos as patacas que botaramos detrás do centro de día, pero tamén seguimos aproveitando os produtos de horta (sobre todo tomates, cabaciñas, cebolas, pementos...). E outros produtos como as moras, os gruños, moitas mazás, algúns conchos, etc.

   Tamén comezamos a esmelgar así que volvemos ter mel. E seguen nacendo pitiños e aínda hai algunha galiña chocando (vai un tempo tan bo, que as pitas seguen criando); tamén co que ten chovido e este tempo "morno" temos unha fartura de cogumelos e as ovellas teñen tido moito pasto, así que teñen medrado moito os años que naceran aló por xullo. E, de seguida virán as castañas...

Arquivada en:
Infórmate > Noticias