Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 24/08/2015 |

As festas patronais encheron o pobo de xente

Santa María e San Roque

24/08/2015 | Lodoselo

   Con motivo da celebración, os días 15 e 16 de Agosto, das festas patronais do pobo, Lodoselo encheuse de xente. Xa, ó longo do verán, foi chegando a poboación que está fóra pero que non esquece o seu pobo. Av@s que viñeron cos netos, case en canto acabaron as clases, algúns matrimonios -xa xubilados- que se van achegando na procura tamén dunha boa temperatura... pero nas proximidades das datas sinaladas estaban as rúas "cheas de rapazada", bandadas de bicicletas e algarabía que poñían o contrapunto a outras datas na que o moito silencio, destas rúas enmudecidas, estresa (sic). 

   Poñemos a continuación algúns enlaces e imaxes que con motivo das festas amosaron outra cara do noso pobo. Parabéns polo traballo a prol da comunidade. Parabéns á Comisión de festas! Parabéns a Pepe! (José R. Carballo, arcebispo de Belcastro) porque tamén nos trouxo a visita de Nava Castro, a Secretaria Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, e Rafael Sánchez Bargiela, o Xerente do Xacobeo, que comprobaron a estupenda restauración que se fixo do retablo da igrexa da parroquia.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias